Recollida de voluminosos

O Concello de Cuntis presta o servizo de recollida de voluminosos, para que todos aqueles veciños e veciñas que o necesiten poidan desfacerse dos voluminosos que non precisen.

Para elo deben comunicalo previamente ao concello, ben presencialmente ou ben por teléfono (986 548 005), e depositar o lixo o último mércores de cada mes ao lado do contedor que lle corresponda por proximidade coa súa vivenda.

A recollida dos voluminosos levarase a cabo pola brigada municipal o último xoves de cada mes.


- Obxectos que se recollen:

  · Aparatos eléctricos

  · Mobles

  · Obxectos diversos: colchóns , xoguetes, etc.

 

- Non se recollen:

  · Refugallos de obra

  · Restos de poda

Recollida de voluminosos

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información