Saúdo do alcalde

Alcalde

Manuel Campos Velay

Alcalde de Concello de Cuntis

@Manuelcvelay

Dende o equipo de goberno queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que se dispoñen a visitar os contidos desta páxina Web, a cal ofrecerá unha ampla gama de servizos e información aos nosos cidadáns e visitantes e nos servirá para mostrar ao mundo a beleza de Cuntis.

En Cuntis, contamos con numerosos encantos. Posuímos unha ampla oferta de espazos naturais ao lado dos nosos ríos, Gallo e Umia, combinándose con fermosas paisaxes e vistas panorámicas dende os puntos máis elevados dos seus montes, rutas de sendeirismo que axudan a descubrir a gran calidade do noso patrimonio e da nosa arqueoloxía e como non, a calidade das nosas augas termais.

Cuntis sitúase no norte da provincia de Pontevedra, na Comarca de Caldas. Aséntase sobre o val que forman os ríos Umia e Gallo, unha zona de gran verdor que ofrece magníficas vistas e panorámicas. Flanquean a vila dous conxuntos montañosos: o monte Xesteiras, de 718 metros e Castro Sevil, de 550.

A todos vos dou a benvida á nosa páxina e espero que atopen nela todo o que precisan.

Benvidos a Cuntis.

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información