Servizos sociais

Este departamento, ubicado na Casa do Concello, desenvolve unha serie de programas e proxectos ó longo de todo o ano coa finalidade de informar, asesorar e orientar á veciñanza sobre os recursos sociais e atención das súas demandas, intervencións socio-familiares, atención domiciliaria, prestacións sociais e económicas, actividades de prevención e inserción social, etc.


ÁREAS DE ACTUACIÓN


-         Comunidade.

-         Familia, infancia e mocidade.

-         Persoas maiores.

-         Persoas con discapacidade.

-         Muller.

-         Drogodependencia e alcoholismo

-         Minorías étnicas.

-         Emigración e inmigración.

-         Outros sectores con problemas de marxinación social.

Servizos sociais

PROGRAMAS

1.- Servizo de Información e Orientación:  Atención das demandas sociais e informar dos recursos existentes, derivación hacia outros recursos e tramitación de prestacións, recursos e servizos.


2.- Apoio á Unidade de Convivencia e Axuda no Fogar:

 

2.1.- Axuda no fogar: Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas e/ou familias, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu entorno naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía ou en situación de risco social.

 

2.2.- Teleasistencia Domiciliaria: Este servizo está dirixido ás persoas maiores ou con discapacidade, que viven soas ou que pasan a meirande parte do día sen a presenza doutras persoas e que necesitan a atención do servizo de Teleasistencia para poderen seguir vivindo no seu propio domicilio. Tamén a aquelas que, aínda convivindo con outras persoas, estas presentan características de idade ou discapacidade semellantes que lles impidan desenvolverse con total autonomía.


 3.- Educación e intervención familiar:  Prestar apoio social e educativo ás unidades familiares que presentan dificultades de desenvolvemento, carencia de hábitos, etc.



4.- Prevención e Inserción Social:  Actuacións para prevenir a marxinación e favorece-los procesos de participación e integración social das persoas e colectivos máis desfavorecidos:

·       Axudas de emerxencia social

·       Axudas ó estudo.

·       Axudas á natalidade.

·       Plan de alimentos.

·       Campaña de Nadal para os/as nenos/as.

·       Obradoiros de Memoria / Estimulación cognitiva: actividades dirixida preferente a persoas maiores de 50 anos e descentralizada por distintos lugares de parroquias do concello.

·       Obradoiros integradores: actividades de carácter manual (pintura, restauración, repuxado coiro, bordados, macramé …) dirixido a toda a comunidade desenvolvéndose en distintas parroquias e lugares do municipio.

·       Ximnasia de Mantemento dirixida ás persoas maiores e mulleres. Os mércores e venres no pavillón do colexio

·       Servizo de Asesoramento e Apoio Integral á Muller, con asesoramento xurídico e atención psico-social ás mulleres.

·       Programa Habilitas: programa de intervención con persoas con discapacidade intelectual e coas súas familias: formación en habilidades sociais, comunicación e solución de conflictos, autodeterminación e dereitos, promoción da saúde, estimulación cognitiva, ocio e tempo libre, programacións individualizadas e colectivas coas familias…

·       Programa de formación de adultos: formación continuada para obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria. Impartición de luns a xoves no Centro Ocupacional “A Ran”, de 19 a 20 horas.


Servizos sociais

986 185468

servizossociais@concellodecuntis.es

Horario de atención

De 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

Atención ó público: Os martes e xoves de 9:00 a 14:00

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información