Xuventude

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (O.M.I.X.)

 

Que podes atopar?

-Un servizo aberto e gratuíto para toda a mocidade desta localidade.

-Información sobre unha gran variedade de temas.

-Información práctica e actualizada.

- Espazo de comunicación que responde ás túas necesidades.

- Lugar onde deixar as túas queixas, inquedanzas e demandas.

-Atención personalizada respectando a confidencialidade.

-Contactos con outros servizos especializados.

 

Que podes conseguir?

-Dar resposta ás túas consultas sobre temas de: educación, emprego, tempo libre, viaxes, voluntariado…

-Tramitar servizos para mozos: carnés, campañas, actividades de lecer e tempo libre, viaxes, emprego, reclamacións....

-Resolver as túas dúbidas persoalmente, por teléfono, redes sociais ou e-mail.

Xuventude

Servizos que ofrece:

-       EXPEDICIÓN DO CARNÉ XOVE EURO 30

·         Para mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive.

·         Facilita o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos e vantaxes.

·         Vixencia de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos inclusive).

·         Homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa.

·         Con seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos. 

 

-       ESPAZO CuntisXove

·         Destinado a idades de 12 a 17 anos

·         Lugar de encontro e ocio educativo

·         Tódolos sábados e domingos de 16:30 a 21:30 hs.

                   https://www.instagram.com/espazo_xove/

 

-       ASESORAMENTO ASOCIATIVO

·         Información e asesoramento para a creación de asociacións de carácter xuvenil, modificacións, na elaboración de distinta documentación, orientación para a presentación de subvencións, etc.

 

-       PRÉSTAMO GRATUÍTO DE BICIS

·         Para o fomento do seu uso como vehículo de desprazamento

·         Ten carácter lúdico, para o paseo, e para uso diario urbano.

·         Préstamos durante todo o ano.

·         Consultar dispoñibilidade.


Organiza:

Actividades lúdicas, educativas, formativas, deportivas, culturais... ao longo de todo o ano e promove a participación da mocidade en tódolos ámbitos da sociedade.

Xuventude

Rúa Xohán Xesús González, nº 10 (Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído “Patelas”)

Cuntis (Pontevedra)

986 533 600
687 497 591

omix@concellodecuntis.es

Horario de atención

De luns a venres

 MAÑÁS:   de 9:00h a 14:00h

 TARDES:  de 16:00h a 20:00h (os mércores pechado)

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información