Emprego e desenvolvemento local

Axencia de emprego e desenvolvemento local

 

A axencia de emprego e desenvolvemento local conta cun técnico que presta este servizo dende o ano 1998, dende este servizo ofrecese información sobre diferentes axudas, actividades formativas e asesoramento a persoas emprendedoras e se realizan os tramites necesarios para a posta en marcha de diferentes programas de emprego e formación, obradoiros de emprego, programas integrados de emprego, cursos AFD (accions formativas para desempregados/as), etc.. Dende a axencia tamén se xestionan e coordinan as diferentes actividades que se desenvolven no Centro.

 

 

Servizo de orientación laboral


Este servizo vense prestando dende o ano 2009 e actualmente conta cunha técnica, dende o que basicamente se informa, se axuda, e se orienta ás persoas demandantes de emprego, especialmente, sobre as diferentes posibilidades para a súa inserción laboral.

Emprego e desenvolvemento local

Actividades relacionadas coa formacion e o emprego

 

Actualmente o Centro de Formación Ocupacional de “A Ran” está homologado pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria nas seguintes especialidades do plan AFD:

 

-        Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

-        Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

-        Técnico/a en software ofimático

-        Formación da docencia para o emprego

-        Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

 

Outros cursos e programas que se desenvolven no Centro son:

 

-        Curso para preparación do graduado en ESO

-        Programa integrado de emprego en colaboración cos concellos de Caldas, Portas, Barro e Moraña

-        Outros cursos e programas varios, entre os que destacan, programan de medioambiente, horticultura, drogodepencias, fitosanitarios,etc.


Contacto e situación

 

O Centro de Formación Ocupacional situase no Polígono Industrial “A Ran”, do concello de Cuntis, a unha distancia aproximada de 700 m do centro da vila, en dirección a Caldas de Reis. Esta preto da estrada N 550, separado  por unha zona axardinada, entre o edificio e a dita estrada.

Emprego e desenvolvemento local

Centro de Formación Ocupacional “A Ran” - Polígono Industrial “A Ran”, s/n

Cuntis (Pontevedra)

986 548 708
986 532 579

cfoaran@concellodecuntis.es

Esta web utiliza cookies para obter datos estatísticos da navegación dos seus usuarios. Preme o botón "Aceptar" para autorizar o seu uso.

Aceptar | Rexeitar | Mais información