Actualidad y noticias

SANIDADE LIMITA A DEZ PERSOAS AS XUNTANZAS EN TODA GALICIA

SANIDADE LIMITA A DEZ PERSOAS AS XUNTANZAS EN TODA GALICIA

14-10-2020

Sanidade limita a dez persoas as xuntanzas en toda GaliciaA Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Esta é unha das decisións adoptadas polo Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, logo da xuntanza de onte, tras constatar o aumento de contaxios en xuntanzas sociais e familiares.O comité considera conveniente reforzar as medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación.Todas estas medidas, foron publicadas este mércores, 14 de outubro, no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00,00 horas do xoves.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información