Actualidad y noticias

PROXECTO DE CREACIÓN DUN NOVO ENTE INTERMUNICIPAL

PROXECTO DE CREACIÓN DUN NOVO ENTE INTERMUNICIPAL

10-05-2021

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial de Moraña unha nova reunión na que participaron o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, o de Moraña, José Cela, o concelleiro de Caldas, Jacobo Pérez, así como os rexedores de Portas, Ricardo Martínez e de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes. A xuntanza serviu para seguir avanzando no proxecto de creación dun novo ente intermunicipal a través do que consolidar a posta en marcha de servizos públicos mancomunados ou consorciados. Na xuntanza acordouse redactar un documento no que os cinco municipios selarán o seu compromiso de implantar servizos conxuntamente. Unha vez redactado deberá ser asinado polos diferentes Concellos o que implicará a súa adhesión a formar parte desta nova agrupación de municipios.Ademais, para seguir avanzando neste proceso, tamén se acordou a posta en marcha de estudos de viabilidade técnica e económica dos servizos que se desexan mancomunar e que serían, de inicio, o de tratamento e recollida de residuos, o servizo de atención temperá que xa se presta en común, os servizos de información e promoción turística no ámbito local e a promoción do emprego. Por outra banda, vaise solicitar unha reunión coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, para pedir a súa colaboración nesta iniciativa intermunicipal e valorar diferentes fórmulas de participación da administración provincial na prestación de servizos mancomunados e na elaboración do estudo de custes. A de hoxe foi unha reunión política e técnica que para os cinco Concellos significa “dar un paso adiante moi importante no obxectivo de mellorar e reforzar servizos mediante a súa xestión e prestación mancomunda”.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información