Actualidad y noticias

PRESENZA DO CONCELLO DE CUNTIS EN FITUR 2024

PRESENZA DO CONCELLO DE CUNTIS EN FITUR 2024

25-01-2024

PRESENZA DO CONCELLO DE CUNTIS EN FITUR 2024• O alcalde, Manuel Campos e a Tenente de alcalde Conchy Campos estiveron presentes este xoves na feira de turismo máis importante do mundo representando a Cuntis en diferentes actividades promocionaisO alcalde de Cuntis xunto a Tenente de alcalde participaron este xoves na Feira Internacional de Turismo, FITUR, que se celebra en Madrid entre o 24 e o 28 de xaneiro.Manuel Campos estivo representando o concello de Cuntis no que é considerado como o evento de promoción turística máis importante do mundo.Durante a súa presenza formou parte de diferentes actividade promocionais e, particularmente, das referentes á Provincia de Pontevedra, que tiveron unha enorme acollida e nas que Cuntis ten unha presenza destacada. O rexedor acudiu - xunto con alcaldes, autoridades e outros profesionais do turismo- á presentación da campaña turística da Deputación de Pontevedra, onde se pon en valor o potencial turístico da provincia a trave´s dos castros e no que Cuntis conta co xacemento de Castrolandín.Na súa estancia en FITUR aproveitou para establecer contacto con diferentes profesionais e administracións do sector turístico.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información