Actualidad y noticias

O SERGAS E OS REXEDORES DE CUNTIS E MORAÑA ANALIZARON A COBERTURA DE ATENCIÓN PRIMARIA EN ÁMBOLOS CONCELLOS

O SERGAS E OS REXEDORES DE CUNTIS E MORAÑA ANALIZARON A COBERTURA DE ATENCIÓN PRIMARIA EN ÁMBOLOS CONCELLOS

29-06-2021


O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, mantivo este luns unha reunión técnica cos alcaldes de Cuntis e Moraña, Manuel Campos (PSOE) e José Cela (PP), respectivamente, para analizar a cobertura de medicina familiar e comunitaria e de pediatría nos centros de saúde de ámbalas dúas localidades.

A principal novidade do encontro é que o Sergas está a xestionar a cobertura do programa do neno san nos concellos de Cuntis e de Moraña, de forma que a revisión do menor san e a vacinación cúbrase desde cada unha das localidades.

O xerente expuxo aos rexedores que na actualidade hai paro cero na especialidade de pediatría, de tal forma que a ausencia destes profesionais para contratar supón unha importante dificultade de cobertura.

José Ramón Gómez reiterou no encontro cos alcaldes que, independentemente dos condicionantes actuais, a praza de pediatría de atención primaria manterase para ámbolos dous municipios.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información