Actualidad y noticias

O HUMORISTA PEPO SUEVOS, PREGOEIRO DA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DE CUNTIS

O HUMORISTA PEPO SUEVOS, PREGOEIRO DA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DE CUNTIS

06-02-2024

O HUMORISTA PEPO SUEVOS, PREGOEIRO DA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DE CUNTIS Cuntis prepárase para recibir unha nova edición da Festa do Lacón con Grelos na que Pepo Suevos será o encargado do pregónO actor e cómico ferrolán José López-Suevos, máis coñecido como Pepo Suevos será o día 3 de marzo o encargado de dar o pregón da XXV edición da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis.Isto será a partir das doce da mañá na Praza da Constitución de Cuntis.Pepo iniciou a súa traxectoria artística como contacontos e desde entón participou nunha vintena de películas con papeis secundarios, empezando en "Entre bateas" de Jorge Coira no ano 2002, así como como con personaxes fixos e outros episódicos na maior parte das series máis coñecidas da canle autonómica galega de televisión, como "Rías Baixas", "Terra de Miranda", "As leis de Celavella" "Pai Casares", "Matalobos", "Mareas vivas", "Pratos combinados", "Libro de familia" e "Pepe O inglés", entre outras moitas, así como noutras canles privadas de ámbito nacional como "Morra o conto", "Hospital Central" e "Fariña", así como en programas de televisión como "O show dos Tonechos" e "Luar".

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información