Actualidad y noticias

O CONCELLO INFORMA DA NECESIDADE DE RESINTONIZAR OS TELEVISORES CON MOTIVO DA LIBERACIÓN DO SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL A PARTIR DO 1 DE XULLO

O CONCELLO INFORMA DA NECESIDADE DE RESINTONIZAR OS TELEVISORES CON MOTIVO DA LIBERACIÓN DO SEGUNDO DIVIDENDO DIXITAL A PARTIR DO 1 DE XULLO

27-06-2020



>>O apagamento das frecuencias de emisión actuais e o acendido das novas frecuencias asignadas pode implicar cambios de canles de televisión


>> No caso das comunidades de veciños pode ser preciso axustar a antena colectiva  para asegurar a recepción


>> Ante calquera dúbida ou problema relacionado pódese contactar coa Oficina do Dividendo Dixital de Galicia non teléfono 881 86 63 88


O Concello de Cuntis informa que segundo comunicación da Oficina Técnica do Dividendo Dixital en Galicia, se están a realizar actuacións nos centros emisores de televisión da zona destinados a cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital e implantar os cambios necesarios para a homoxeneización da cobertura do sinal TDT. Ditas actuacións terán lugar o próximo mércores, 1 de xullo, no centro TDT situado na cima do monte Xesteiras. Este centro presta o servizo de difusión da TDT para a poboación do Concello de Cuntis, polo que o apagamento das frecuencias de emisión actuais e o acendido das novas frecuencias asignadas pode implicar cambios de canles de televisión e a necesidade de realizar unha resintonización para poder seguir desfrutando das canles e programación habitual. 
 
Por estes motivos, o Concello lembra que se nos próximos días calquera veciño ou veciña deixa de ver algunha canle no seu televisor debe proceder á resintonización  do mesmo. Bastará con realizar unha nova busca das canles no receptor da TDT par volvelos localizar. No caso das comunidades de veciños pode ser preciso axustar a antena colectiva  para asegurar a recepción. Así mesmo, se xorde algunha dúbida ou problema relacionado pódese contactar coa Oficina do Dividendo Dixital de Galicia non teléfono 881 86 63 88.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información