Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS SEGUE COA SÚA APOSTA POLO RURAL

O CONCELLO DE CUNTIS SEGUE COA SÚA APOSTA POLO RURAL

03-04-2021


- O Concello impulsa outro proxecto mais de mellora do rural no núcleo do Pazo na parroquia de San Miguel de Couselo.

- O concello traballa co goberno de España para a inversión de un millón setecentos mil euros en saneamento na parroquia de San Miguel de Couselo , e no núcleos de Mesego na parroquia de Santa María de Cuntis.

Esta mañá o alcalde Manuel Campos e a Concelleira Ana Loureiro visitaron o núcleo do Pazo na parroquia de San Miguel de Couselo para manter unha reunión de traballo coa veciñanza do lugar.Na próxima semana comezarán as obras de mellora deste núcleo rural que terá unha inversión de preto de 40.000 euros. As obras consistirán na mellora integral do núcleo mediante a instalación da canalización do saneamento de recollida de augas pluviais.Esta mellora suporá un antes e un despois para este núcleo e un avance máis no noso rural con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra .O concello traballa arreo co Goberno de España para o que os proxectos de saneamento xa redactados da parroquia de San Miguel de Couselo e os núcleos rurais de Zo o Folgoso e Mesego na parroquia de Santa María de Cuntis se leven a cabo cunha inversión de máis 1.700.000 euros.Unha vez máis temos que traballar co Goberno de España para invertir en Cuntis mentras outras administracións non quixeron contribuír e preferiron quedar a marxe.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información