Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS REALIZARÁ UN INVESTIMENTO DE 150.000 EUROS EN REPARAR 55 VIAIS DANADOS NO INVERNO

O CONCELLO DE CUNTIS REALIZARÁ UN INVESTIMENTO DE 150.000 EUROS EN REPARAR 55 VIAIS DANADOS NO INVERNO

30-06-2021

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar esta partida ao abeiro do Plan ConcellosAs actuacións consistirán en bacheos, regas asfálticas e limpezas de cunetas e drenaxes

O alcalde explica que se trata dunha intervención moi importante que vai afectar a 8 parroquias do municipio para mellorar o estado e de moitos quilómetros de pistas, tal e como demandan os veciños e veciñas

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar un investimento de 150.000 euros ao abeiro do Plan Concellos que irán destinados ao proxecto de obras de emerxencia de reparación de viais deteriorados polo temporal no pasado inverno. Na actuación contémplanse obras de arranxo en 55 pistas danadas polas fortes chuvias en meses pasados, que afectaron de forma puntual a varias estradas municipais producindo desperfectos no firme e nas cunetas, así como o deterioro importante na capa de rodaxe de varios camiños, o que supón un perigo para a circulación de vehículos.

Así, o propósito do mencionado proxecto é o de solventar as deficiencias de parte do firme existente nos accesos onde se detectaron danos mediante bacheo, dobre rega asfáltica e nalgún caso tripla rega asfáltica, debido ao mal estado en que se atopan. Tamén se executará naquelas zonas onde se considere preciso unha limpeza en profundidade de cunetas, debido aos danos causados polos arrastres provocados fortes chuvias nas drenaxes de zonas de auga baixo o firme.

O alcalde, Manuel Campos, explicou que as obras afectarán a 8 parroquias do municipio “que desde o goberno consideramos de emerxencia polos importantes danos que sufriron nos seus accesos neste pasado inverno”. “Considerámola unha intervención moi importante que vai servir para mellorar o estado e de moitos quilómetros de pistas, tal e como demandan os veciños e veciñas”, engadiu o rexedor.

Campos fixo fincapé na aposta firme do goberno municipal por mellorar os servizos e as infraestruturas das parroquias atendendo ás demandas que nos presentan os veciños e veciñas. Nesta liña puxo en valor o apoio económico da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Concellos, “un programa xusto que se está demostrando fundamental para cubrir as necesidades dos concellos e dos seus veciños”.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información