Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS IMPLANTA CÓDIGOS QR NOS NEGOCIOS DO MUNICIPIO PARA ADAPTARSE Á NOVA NORMATIVA QUE PROHIBE O USO DE CARTAS INDIVIDUAIS

O CONCELLO DE CUNTIS IMPLANTA CÓDIGOS QR NOS NEGOCIOS DO MUNICIPIO PARA ADAPTARSE Á NOVA NORMATIVA QUE PROHIBE O USO DE CARTAS INDIVIDUAIS

10-06-2020

O CONCELLO DE CUNTIS IMPLANTA CÓDIGOS QR NOS NEGOCIOS DO MUNICIPIO PARA ADAPTARSE Á NOVA NORMATIVA QUE PROHIBE O USO DE CARTAS INDIVIDUAIS

?? Os locais de hostalería interesados nesta proposta só teñen que enviar unha solicitude a través do correo electrónico info@mercacuntis.com ou chamar ao 615 193 391

?? Esta ferramenta que se ofrece de maneira gratuíta permitiralle ao sector extremar as medidas hixiénicas que recomendan as autoridades sanitarias

O Concello de Cuntis, no marco das accións para axudar a comercio e hostalería, pon en marcha unha nova iniciativa a través da que se ofrece aos establecementos do municipio a posibilidade de transformar as súas cartas en códigos QR para adaptarse así á normativa actual contra a Covid-19, que prohibe o uso de cartas individuais. Os locais de hostalería interesados nesta proposta só teñen que enviar unha solicitude a través do correo electrónico info@mercacuntis.com ou chamar ao 615 193 391.

A iniciativa ofrécese aos establecementos de xeito totalmente gratuíto e será desenvolvida por técnicos municipais que se encargarán de deseñar e proporcionar os códigos QR para que todos os restaurantes que o desexen poidan ofrecerlles aos seus clientes unha carta segura e visible dende o teléfono móbil sen necesidade de tocar fisicamente unha carta compartida que poida aumentar a posibilidade de contaxio. Esta ferramenta permitiralle ao sector extremar as medidas hixiénicas e de prevención que recomendan as autoridades sanitarias e, ao mesmo tempo, optimizar o traballo do persoal xa que non terá que desinfectar as cartas tras cada un dos seus usos.

Esta nova acción súmase a outras medidas coas que o Concello de Cuntis está apoiando ao comercio e a hostalería no seu regreso á actividade. Entre elas, destaca a moratoria no cobro de impostos, a posibilidade de ampliar os metros de terraza en vía pública, o reparto de elementos informativos e de material de prevención e seguridade, ou a activación do portal mercacuntis.com.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información