Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS HUMANIZARÁ O CAMIÑO DO CONVENTO

O CONCELLO DE CUNTIS HUMANIZARÁ O CAMIÑO DO CONVENTO

29-08-2021

Acometerase unha rexeneración integral mediante unha nova capa de pavimento que vai convinar formigón e lousas graníticas, amais de melloras no alumeado


A actuación ten un orzamento de 40.000 euros achegados pola Deputación a través do Plan Concellos


O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informou hoxe de que a Deputación de Pontevedra vén de conceder unha achega de 40.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2021 que vai ser destinada á rehabilitación integral do denominado “Camiño do Convento” que comunica a aldea de Trasponte coa rúa do Convento.

Este tramo do camiño (comprendido desde a estrada PO-220 á entrada ao Convento) vai ser humanizado mediante o ancheamento do mesmo e a dotación dunha nova capa pavimento composta por formigón e granito en pedra.

O alcalde destacou que este proxecto “é moi necesario por tratarse dunha vía de comunicación moi utilizada polos veciños e veciñas que actualmente presenta un pavimento asfáltico que precisa unha mellora debido ao seu mal estado de conservación provocado polo paso do tempo”. Manuel Campos sinalou que a humanización integral “vai supoñer un antes e un despois para este treito que vai gañar atractivo urbano mellorando a imaxe dun acceso a un ben patrimonial importante e, ao mesmo tempo, incrementará a seguridade viaria e a comodidade de circulación”.

O alcalde tamén adiantou que ademais da rexeneración integral do vial o Concello vai dotar o camiño dun novo alumeado para o que xa se conta coa autorización da dirección xeral de patrimonio para a súa execución.Campos agradeceu de novo o compromiso da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos “que está sendo unha ferramenta fundamental para dar resposta ás necesidades da nosa veciñanza”.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información