Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS CONTARÁ CUNHA "CASA NIÑO" PARA ATENDER NEN@S DE 0 A 3 ANOS

O CONCELLO DE CUNTIS CONTARÁ CUNHA "CASA NIÑO" PARA ATENDER NEN@S DE 0 A 3 ANOS

07-07-2021

O Concello de Cuntis contará cunha 'casa niño', para atender nenas e nenos de 0 a 3 anos. Cuntis foi o único municipio pontevedrés que foi incluído na nova liña de axudas aprobada pola Xunta de Galicia para estes proxectos.As casas niño son un servizo de atención á infancia para os concellos do rural de menos de 5.000 habitantes, que ofrecen unha atención próxima e individualizada para os máis pequenos. Cada centro pode acoller ata cinco nenos co obxectivo de dotar a todos os concellos dun servizo de conciliación.Tras a concesión desta axuda, os particulares impulsores da 'casa niño' de Cuntis terán dous meses para achegar toda a documentación requirida e acreditar que o inmoble onde se vai poñer en marcha o servizo está acondicionado para atender aos nenos e nenas que o usen.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información