Actualidad y noticias

O CONCELLO DE CUNTIS ASINA UN CONVENIO COA FEGAMP A AMTEGA E AS UNIVERESIDADES GALEGAS PARA FACILITAR A REALIZACIÓN DE EXAMES UNIVERSITARIOS NA AULA C

O CONCELLO DE CUNTIS ASINA UN CONVENIO COA FEGAMP A AMTEGA E AS UNIVERESIDADES GALEGAS PARA FACILITAR A REALIZACIÓN DE EXAMES UNIVERSITARIOS NA AULA C

08-06-2020

O alumnado interesado deberá rexistrarse coma usuario/a da Rede CeMIT na Web de CeMIT e cumprir o proceso de reserva de prazas

O Concello de Cuntis vén de asinar un convenio de colaboración coa AMTEGA, a FEGAMP e as universidades galegas para que o alumnado con dificultades para examinarse online dende os seus fogares poida facelo na Ala CeMit de Cuntis ubicada na Casa do Médico, do 1 de xuño ao 31 de xullo.

O alumnado interesado en acudir a aula CeMIT de Cuntis deberá rexistrarse coma usuario/a da Rede CeMIT na Web de CeMIT. Ao finalizar o proceso, remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta e o nome de usuario e o contrasinal. A continuación deberá solicitar a reserva de praza para poder realizar o exame na aula de Cuntis con máis dunha semana de anticipo.
Unha vez atopada a convocatoria de exame na localidade, día e hora correcta, débese Introducir o usuario e contrasinal facilitados no correo electrónico durante o proceso de alta. Cando sexa aceptada a solicitude o alumnado debe presentarse na aula e cumprir coas medidas de seguridade recomendadas: manter as distancias de seguridade de 2 metros, empregar luvas e mascarilla e hixiene de mans. O alumnado tamén delebe levar todo o equipamento necesario para a realización do exame e presentarse con 30 minutos de adianto á proba do exame para poder conectar á rede o equipamento e facer as comprobacións oportunas. Para calquera aclaración ou problema, pódese contactar coa Oficina CeMIT no correo cemit@xuntal.gal ou no teléfono 981 910 359. Tamén se pode contactar coa aula CeMIT de Cuntis no 683 147 165.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información