Actualidad y noticias

NOVOS AVANCES NO PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DA RÚA DA PALMA CO INICIO POR PARTE DA DEPUTACIÓN DAS EXPROPIACIÓNS DOS BENS E DEREIROS AFECTADOS

NOVOS AVANCES NO PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DA RÚA DA PALMA CO INICIO POR PARTE DA DEPUTACIÓN DAS EXPROPIACIÓNS DOS BENS E DEREIROS AFECTADOS

22-08-2021

• O proxecto vai permitir mellorar a seguridade, a funcionalidade, a accesibilidade e a convivencia entre tránsito peonil e tráfico rodado nun tramo de 400 metros

• Vanse crear zonas de convivencia cunha plataforma elevada, unha vía con dous carrís de 3 metros de ancho, unha banda de aparcamento e sendas nas dúas marxes cun ancho mínimo de 2,5 metros

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informou hoxe de que a Deputación de Pontevedra deu inicio aos trámites de expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de rexeneración urbana da rúa da Palma. Os titulares dos predios con afección xa están a recibir as notificacións correspondentes emitidas por parte da Deputación de Pontevedra. Con este trámite dáse un paso máis de cara facer realidade unha importante intervención que suporá un investimento total de 603.030,72 euros dos que o 20% serán achegados polo Concello e o 80% serán fondos provinciais.


Esta actuación enmarcada no novo modelo de mobilidade sostible promovida pola Deputación de Pontevedra suporá a transformación da estrada provincial EP-8402 Cuntis-Cequeril, ao seu paso polo casco urbano, concretamente entre a rúa da Palma e o rego da Patela. O proxecto vai permitir mellorar a seguridade, a funcionalidade, a accesibilidade e a convivencia entre tránsito peonil e tráfico rodado nun tramo de 400 metros entre a intersección coa N-640 no núcleo urbano de Cuntis ata o cemiterio.


A zona fronte ao cemiterio dotarase de bancos e árbores. A partir do cemiterio proxectarase unha vía de convivencia entre peóns e coches. O tramo ten o firme deteriorado, ten postes e tendidos aéreos e treitos de beirarrúas de ancho variable e sen continuidade. Con esta actuación, vanse crear zonas de convivencia cunha plataforma elevada, unha vía con dous carrís de 3 metros de ancho, unha banda de aparcamento e sendas nas dúas marxes cun ancho mínimo de 2,5 metros.


Tamén se vai crear unha rede de recollida de pluviais e instalar luminarias led, máis eficientes e sostibles e completarase a obra con sinalización horizontal e vertical nova na estrada, separadores de carril para impedir que os vehículos invadan a senda peonil, barreira de seguridade na ponte e varandas para a contención peonil na pasarela.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información