Actualidad y noticias

MELLORA DA SEGURIDADE NA ESTRADA EP -8405 PORTELA - COUSELO

MELLORA DA SEGURIDADE NA ESTRADA EP -8405 PORTELA - COUSELO

15-07-2022

O alcalde Manuel Campos supervisa as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP-8405 Portela-Couselo. Manuel Campos destacou que este proxecto “é moi necesario por tratarse dunha vía de comunicación moi utilizada polos veciños e veciñas que actualmente presenta un pavimento asfáltico que precisa unha mellora debido ao seu mal estado de conservación provocado polo paso do tempo”. Campos agradeceu de novo o compromiso da Deputación de Pontevedra “que está sendo unha ferramenta fundamental para dar resposta ás necesidades da nosa veciñanza”. A actuación conta cun orzamento base de licitación de 114.858,26 € IVE incluído.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información