Actualidad y noticias

MANUELA REBOREDO FAISE CENTENARIA

MANUELA REBOREDO FAISE CENTENARIA

20-06-2022

Hoxe dende o Concello de Cuntis queremos felicitar a Manuela Reboredo Campos veciña de Novás na parroquia de Troáns. Manuela chega a cifra de 100 anos acompañada da súa familia e cun sorriso nos beizos. Ata o seu fogar achegáronse o alcalde Manuel Campos, a Tenente de alcalde Conchy Campos, a Concelleira de Servizos Sociais Ana Loureiro e o Concelleiro Martín Álvarez para felicitar a Manuela por facerse centenaria. Agardamos repetir a visita o vindeiro ano e que goce do mesmo humor e saúde.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso. Aceptar Más información