Actualidad y noticias

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Hoxe 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes permanentes.

A pesar de que o concepto de familia se transformou nas últimas décadas evolucionando segundo as tendencias mundiais e demográficas, dende Nacións Unidas (ONU) considérase que a familia conforma a unidade básica da sociedade, desempeñando polo tanto, un papel principal na transmisión de valores prosociais e de hábitos saudables. Por este motivo dende as institución públicas e dende outros estamentos sociais débense promover iniciativas que fomenten e melloren o mantemento e desenvolvemento familiar.

Nesa liña de actuación, dende o Proxecto de prevención das condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas elaborouse e editouse unha GUÍA PARA FAMILIAS sobre condutas adictivas, a través da cal, as familias poden ter información básica sobre condutas adictivas, obter directrices xerais de actuación ante posibles indicios do inicio do consumo de drogas ou de abuso das novas tecnoloxías, e coñecer os recursos públicos aos que poden acudir para pedir asesoramento ou tratamento de prevención e intervención nas condutas adictivas.

Accede a GUÍA DE FAMILIAS descargando a guía ou premendo na seguinte imaxe/enlace:

https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información