Actualidad y noticias

CUNTIS SEGUE AVANZANDO NA EXPANSIÓN DE INTERNET DE ALTA VELOCIDADE NO RURAL CO DESPREGUE DUNHA REDE NEUTRA

CUNTIS SEGUE AVANZANDO NA EXPANSIÓN DE INTERNET DE ALTA VELOCIDADE NO RURAL CO DESPREGUE DUNHA REDE NEUTRA

30-05-2021

CUNTIS SEGUE AVANZANDO NA EXPANSIÓN DE INTERNET DE ALTA VELOCIDADE NO RURAL CO DESPREGUE DUNHA REDE NEUTRA

• Trátase dunha rede aberta a todos os operadores de telecomunicacións á que poderá acceder os operadores locais e emprendedores

• O despregamento executarase en varias fases ao longo dos próximos tres anos, nos que se contempla a acometida ás parroquias de Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns.

• O alcalde destacou que con este proxecto Cuntis pasará a ser un dos concellos máis avanzado no ámbito das telecomunicacións no espazo rural

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informa de que o Concello de Cuntis da man de Rede Aberta seguirá dando pasos adiante para a implantación de internet de alta velocidade no rural mediante o proxecto de despregue dunha rede neutra FTTH. A empresa Rede Aberta vén de solicitar autorización para o despregue por todo o termo municipal dun plan de despregado adaptado a Cuntis que complementará os proxectos para levar fibra óptica ás parroquias que xa están desenvolvendo as empresas Telefónica e Orange.
Rede Aberta é unha rede neutra aberta a todos os operadores de telecomunicacións á que poderá acceder os operadores locais e emprendedores. Isto supón un avance fundamental para chegar a unha solución coa que expandir o internet de máximavelocidade ao rural e dar así resposta a unha demanda da veciñanza ao arranxar os problema das deficientes conexións anteriores.

Os traballos a realizar consisten no tendido dos diferentes tramos de rede necesaria para conectar os diferentes fogares e empresas do municipio de Cuntis. O despregamento executarase en varias fases ao longo dos próximos tres anos, nos que se contempla a acometida ás parroquias de Arcos, Cequeril, Couselo, Cuntis, Estacas, Piñeiro, Portela e Troáns.

O alcalde, Manuel Campos informou de que “as conexións serán de ata 600 megas, unha velocidade moi competitiva que hai poucos anos era totalmente impensable en zonas do rural”. O rexedor destaca que con esta implantación Cuntis pasará a ser un dos concellos máis avanzado no ámbito das telecomunicacións no espazo rural. “Hoxe en día é imposible traballar sen internet de máxima calidade e Rede Aberta permitirádotar Cuntis de servizos tecnolóxicos de primeiro nivel iguais aos que se ofrecen en cidades e núcleos urbanos”. “Toda industria ubicada no medio rural necesita conexións de alta velocidade e en Cuntis grazas ao traballo xa realizado por Telefónica, Orange e agora Rede Aberta seremos un municipio punteiro nesta cuestión”, explicou.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información