Actualidad y noticias

CUNTIS MELLORA A EFICIENCIA ENERXÉTICA CO CAMBIO DE 95 LUMINARIAS NA ESTRADA N-640 E NA EP-8402

CUNTIS MELLORA A EFICIENCIA ENERXÉTICA CO CAMBIO DE 95 LUMINARIAS NA ESTRADA N-640 E NA EP-8402

27-08-2021

O proxecto está financiado nun 85% polo IDAE ao abeiro da liña de axudas para proxectos de fomento dunha economía baixa en carbono


O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, informou de que o Concello está a proceder á renovación do alumeado público publico exterior da estrada N-640 ao seu paso polos lugares de Loureiro e Novás, na parroquia de Portela, así como na Anllada e A Sobreira e tamén na estrada provincial EP-8402 no lugar de Cardecide, na parroquia de Cuntis. Trátase dunha actuación dirixida a mellorar a eficiencia enerxética que suporá un investimento total de 41.000 euros dos que o 85% son financiados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) pertencente ao Ministerio de Transición Ecolóxica, o 15% pola Deputación de Pontevedra e o 5% restante polo Concello de Cuntis.


O proxecto contempla en total a substitución dunhas 95 luminarias existentes por outras de tipo LED que permitirán reducir en máis dun 30% o gasto en electricidade por parte do Concello. A actuación está acollida á liña de axudas para proxectos de fomento dunha economía baixa en carbono promovidos por entidades locais confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada polo IDAE para conseguir unha economía máis limpa e sostible.

O alcalde expresou a súa satisfacción pola posta en marcha destas actuacións “que van supoñer un antes e un despois na mellora da eficiencia enerxética en Cuntis”. Nesta liña destacou o compromiso da Deputación de Pontevedra e do Goberno do Estado que achega gran parte dos fondos a través do IDAE, ao tempo que lembrou que estes proxectos “non só permitirán que sexamos un municipio máis sostible, senón que van favorecer un importante aforro económico para as arcas municipais”.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información