Actualidad y noticias

CUNTILÍN VERÁN

CUNTILÍN VERÁN

26-05-2021

Que o 1 de xuño ábrese o prazo de inscrición para anotarse no programa Cuntilín Verán 2021. Este prazo permanecerá aberto ata o 15 de xuño inclusive. O día 18 darase a coñecer o listado de persoas admitidas.Cuntilín Verán está destinado a menores en idade escolar e abarca o período vacacional estival comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de setembro de 2021, ambos inclusive, permanecendo aberto todos os días hábiles, de luns a venres en horario de 8:45 a 14:15 nas instalacións do CPI Aurelio Marcelino Rey García, excepto a semana das Festas Patronais de agosto que estará pechado por este motivo.As solicitudes deberán presentarse persoalmente no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da Sede electrónica: https://concellodecuntis.sedelectronica.gal.Os impresos pódense recoller persoalmente en horario de mañá, de 9 a 14 horas, na OMIX, no Departamento de Servizos Sociais do concello ou nas Oficinas xerais municipais do mesmo, descargalos directamente da Sede electrónica https://concellodecuntis.sedelectronica.gal/dossier.2 (“catálogo de trámites”), ou escribindo un correo electrónico ao enderezo educacionfamiliar@concellodecuntis.es , solicitando os mesmos.Mais información en:?Departamento de Igualdade e Benestar Social, telf. 986548005 (ext.1032)/ 986185723?Correo electrónico: educacionfamiliar@concellodecuntis.esPRAZAS LIMITADAS

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información