Actualidad y noticias

COMUNICADO SOBRE A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA NO CONCELLO DE CUNTIS

COMUNICADO SOBRE A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA NO CONCELLO DE CUNTIS

27-09-2020

Segundo as últimas informacións os casos de covid-19 están experimentando un aumento moi importante na área sanitaria Pontevedra-Salnés. Son varios os municipios deste territorio que están notificando novos positivos ou que teñen en vixencia medidas restritivas especiais para manter o control da pandemia. Actualmente o Concello de Cuntis non ten constancia de que estean aumentando no noso termo municipal o número de contaxios. Non obstante, ante o alarmante escenario epidemiolóxico existente na área sanitaria, o Concello realiza un chamamento a extremar as precaucións e a respectar todas as medidas de autoprotección e seguridade, especialmente, por parte daqueles veciños e veciñas que teñen que desprazarse a outros municipios.

Cuntis conservará, polo momento, as medidas en vigor establecidas por Sanidade contra a pandemia, pero dende o Goberno Local xa se están valorando diferentes accións especiais de contención ante a propagación da Covid-19 que serán aplicadas ante calquera indicio de ascenso de casos ou se se observa calquera escenario de transmisión comunitaria. O Concello insiste na prudencia e na responsabilidade de toda a poboación. Vencer o coronavirus e cuestión de todos e todas.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información