Actualidad y noticias

COMUNICADO DO CONCELLO DE CUNTIS SOBRE A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA ACTUAL DA COVID19 NO MUNICIPIO E CHAMADA Á RESPONSABILIDADE

COMUNICADO DO CONCELLO DE CUNTIS SOBRE A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA ACTUAL DA COVID19 NO MUNICIPIO E CHAMADA Á RESPONSABILIDADE

28-07-2020

O Concello de Cuntis, en relación á evolución epidemiolóxica de Covid-19, informa que as autoridades sanitarias veñen de confirmar un brote con dous casos positivos no noso municipio. Trátase dun brote controlado sobre o que se están aplicando todas as medidas protocolarias de seguimento e control coas que evitar unha eventual cadea de transmisión.


Ante esta situación o Concello apela á tranquilidade e fai un chamamento á prudencia e á responsabilidade de toda a cidadanía de Cuntis ao tempo que solicita encarecidamente que se cumpran de maneira escrupulosa todas as recomendacións sanitarias vixentes contra a pandemia nesta “nova normalidade”. Lembramos que a ferramenta máis eficaz á hora de controlar a propagación do coronavirus é manter unha conduta responsable tanto no persoal como cos demais. Por iso é imprescindible que se cumpran as obrigacións vixentes:

• Uso obrigatorio de mascarilla, tanto en espazos abertos como pechados e independentemente de que se poida gardar a distancia de seguridade.
• Distanciamento social.
• Reforzo da hixiene persoal con lavado de mans constante.

Para garantir o cumprimento destas medidas o Concello intensificará a vixilancia e aplicará, de ser necesario, accións sancionadoras. O goberno municipal mantén contacto permanente coas autoridades sanitarias e poñerá en marcha calquera medida restritiva que estas poidan solicitar.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información