Actualidad y noticias

COMUNICADO DE CONDOLENCIAS ANTE O TRÁXICO ACCIDENTE DE TRÁFICO DA PASADA NOITE

COMUNICADO DE CONDOLENCIAS ANTE O TRÁXICO ACCIDENTE DE TRÁFICO DA PASADA NOITE

03-06-2021

COMUNICADO DE CONDOLENCIAS ANTE O TRÁXICO ACCIDENTE DE TRÁFICO DA PASADA NOITE

O alcalde de Cuntis, en nome da Corporación Municipal lamenta o fatal desenlace do accidente de tráfico que tivo lugar na noite de onte na N-640 no límite entre os termos municipais de Cuntis e Caldas, que se saldou co falecemento de tres mozos. O Concello trasládalle ás familias e achegados dos falecidos o seu máis sentido pesar e as súas condolencias nuns momentos tan duros.O alcalde agradece o traballo de todos os equipos de emerxencias e corpos de seguridade que se desprazaron ao lugar coa máxima dilixencia para atender esta traxedia que nos ten conmocionados (Protección Civil de Cuntis, Protección Civil de Caldas, Policía Local de Caldas, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Vilagarcía, Bombeiros do Consorcio Provincial de Vilagarcía de Arousa e Ribadumia, Servizo de Mantemento de Estradas do Estado, Protección Civil de Portas e emerxencias sanitarias). O Concello de Cuntis únese á dor das familias e achegados aos que lle traslada o seu máis sentido pésame.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información