Actualidad y noticias

CASTROLANDÍN ACOLLERÁ TRES ESPECTÁCULOS DA IX EDICIÓN DO FESTIVAL ATLÁNTICA

CASTROLANDÍN ACOLLERÁ TRES ESPECTÁCULOS DA IX EDICIÓN DO FESTIVAL ATLÁNTICA

Castrolandín será unha das sedes da IX edición do Festival Atlántica que este ano celebrarase ao aire libre

08-07-2021


O alcalde Manuel Campos mostrouse moi satisfeito por acoller o Festival Atlántica nun enclave único como é Castrolandín

Tres serán as actuacións que terán lugar os días 9 e 10 de xullo con artistas da talla de Avelino González, Candido Pazó ou Paula Carballeira.

Tres espectáculos que terán lugar os días 9 e 10 de xullo. Na primeira xornada desenvolverase a actuación de Avelino González “Contos no camiño” ás 20.30h e Cándido Pazó, “Como dicía o outro”, ás 21.30 horas. Ao día seguinte, será Paula Carballeira, quen ofrecerá o espectáculo “Historias de Arrepíos”, neste caso ás 22.30 horas. O Concello de Cuntis decidiu achegar o festival ao Castro de Castrolandín, onde se celebrarán as tres sesións para mostrar un xacemento que é referencia non só na comarca se non a nivel autonómico.Por outra banda, a directora do festival Sole Felloza declarou que esta edición abandonará as salas e tomará parte no "rico patrimonio material" de Galicia, como é o caso de Cuntis co castro de Castrolandín. Tamén, a directora aclarou que poderanse facer as reservas por medio de Eventbrite ou na propia Fundación Terra Termarum. A maiores, na web de Atlántica estará dispoñible un mapa interactivo con todas as sedes xeolocalizadas e información adicional dos concellos, así como un caderno de a bordo de 36 páxinas con todas as actuacións.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información