Actualidad y noticias

ARDEN DÚAS HECTÁREAS NUN INCENDIO FORESTAL NA PARROQUIA DE SAN FIZ DE ESTACAS

ARDEN DÚAS HECTÁREAS NUN INCENDIO FORESTAL NA PARROQUIA DE SAN FIZ DE ESTACAS

28-05-2020

 

Ata o lugar desprazáronse membros de Emerxencias de Cuntis e de Portas e dúas brigadas de Medio Rural, que mobilizaron medios humanos e 4 motobombas


Pasadas as 23.05 horas deste martes, os servizos de emerxencias recibían aviso dun incendio forestal declarado no lugar de A Torre, na parroquia cuntiense de San Fiz de Estacas. Ata o lugar desprazáronse medios técnicos e humanos do servizo de Emerxencias e Protección Civil de Cuntis, de Protección Civil de Portas e dúas brigada antiincendios da Consellería de Medio Rural, que despregaron ata 4 camións motobomba, 2 de medio rural, 1 do Concello de Cuntis e outro do de Portas.  A superficie calcinada polo lume foi de dúas hectáreas. As chamas afectaron principalmente a terreo de arborado e de matogueira. A rápida intervención dos medios de extinción favoreceu a axilización do control do lume e contivo a súa propagación  os traballos para controlalo prolongáronse ata a madrugada..  

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información