Actualidad y noticias

APRAZADO ATA 2021 O IV RALLYMIX CUNTIS VILA TERMAL POR MOR DA CRISE SANITARIA

APRAZADO ATA 2021 O IV RALLYMIX CUNTIS VILA TERMAL POR MOR DA CRISE SANITARIA

08-07-2020

• A decisión tomouse ao non poder garantirse as medidas de hixiene e distanciamento persoal tanto de equipos como de afeccionados


• A Escudería e o Concello explican sinalan que é unha medida moi dura, pero que se toma como acción máis responsable nuns momentos nos que a máxima prioridade é a saúde das persoas e co obxecto de que se poida afrontar a proba o ano que vén con todas as garantías


A Escudería Cuntis Vila Termal e o Concello de Cuntis informan da cancelación definitiva neste 2020 do IV RallyMix Cuntis Vila Termal e o seu aprazamento ao ano 2021. Aínda que nun principio se valorou a posibilidade de que a proba prevista inicialmente para os días 14 e 15 de marzo se desenvolvese noutro mes, finalmente decidiuse a súa cancelación por non poder garantirse as medidas de hixiene e distanciamento persoal tanto de equipos como de afeccionados. A decisión tomouse nunha reunión que vén de manter a Escudería co alcalde, Manuel Campos Velay.

Cuntis Vila Termal sostén que “pese a ter a inscrición máis numerosa da nosa breve historia, preferimos renunciar á celebración da proba neste ano 2020 para poder afrontala con total garantía no ano 2021”. Tanto a Escudería como o Concello lamentan profundamente os prexuizos e inconvenientes que esta decisión poida ter para afeccionados, equipos e patrocinadores. Trátase dunha decisión moi dura, pero que se toma como acción máis responsable nuns momentos nos que a máxima prioridade é a saúde das persoas.


Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información