Actualidad y noticias

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR O INGRESO MÍNIMO VITAL

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR O INGRESO MÍNIMO VITAL

Todo o que debes saber

15-06-2020

>>Onde o solicito?A solicitude debe realizarse a través da sede electrónica da Seguridade Social e, cando a situación sanitaria o permita, tamén se poderá efectuar nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social ( CAISS).
>>Como sei se cumpro os requisitos? As persoas que resulten beneficiarios da nova axuda recibirán un SMS do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Tamén te podes informar a través da páxina web da Seguridade Social e mediante o novo asesor virtual, ISSA. Así mesmo, está  dispoñible unha ferramenta de simulación na que podes comprobar se se cumpren os requisitos para acceder a esta prestación. Tamén hai habilitada unha liña de teléfono para realizar consultas concretas (900 20 22 22), que a próxima semana comezará a funcionar tamén en horario de tarde. 
O ingreso mínimo vital establece un nivel de renda garantizable diferente para cada tipo de fogar e completará as rendas preexistentes (entre outras, as salariais), ata ese limiar garantido para cada tipoloxía que, no caso dos fogares unipersoais, é de 5.538 euros ao ano, o equivalente a unha pensión non contributiva, que se distribuirá en doce pagas. O primeiro requisito para acceder á nova renda será o da vulnerabilidade económica. Tamén haberá que solicitar as prestacións e pensións ás que puidese ter dereito.
>>Que idade deben ter as persoas beneficiarias?Haberá un titular por unidade de convivencia, que deberá ter entre 23 e 65 anos, salvo nos casos en que se conte con menores a cargo, nos que non haberá requisito de idade. Se o solicitante vive só, terá que acreditar que leva tres anos vivindo de maneira independente dos seus proxenitores e terá que estar de alta en calquera dos réximes da Seguridade Social durante polo menos doce meses.


>>Un ano de residencia legal en España Para todos os solicitantes requirirase polo menos un ano ininterrompido de residencia legal e efectiva en España, excepto nas situacións de violencia de xénero, trata e explotación sexual. Para que lle sexa recoñecida a prestación, o fogar debe ter uns ingresos totais inferiores á renda garantida para o seu tipo de unidade de convivencia. Ademais, esixirase un patrimonio (descontando a vivenda habitual) inferior a tres veces a renda garantida anual para un fogar unipersoal, cunha escala de incrementos por número de membros no fogar.
>>IngresosPara o recoñecemento da prestación teranse en conta os ingresos do ano inmediatamente anterior, aínda que para atender as situacións de vulnerabilidade xeradas pola pandemia de COVID-19, tamén se poderá recoñecer para solicitudes cursadas durante 2020 tendo en conta a situación de ingresos deste ano. No caso de que o titular non estea ocupado, esixirase a inscrición como demandante de emprego para o acceso á prestación. 
>>Documentación necesaria Para solicitar o ingreso mínimo vital será necesario o DNI ou NIE; a inscrición no rexistro central de estranxeiros, tarxeta de residencia de familiar de cidadán da UE ou tarxeta de identidade de estranxeiros; certificado de empadroamento onde consten todas as persoas empadroadas no domicilio e a data de antigüidade; e o libro de familia, certificado de nacemento do rexistro civil dos fillos, ou inscrición no rexistro de parellas de feito.

>> Trámites de solicitude https://bit.ly/sedesegsocial
>> Guía de acceso https://www.mscbs.gob.es/ssi/covid19/ingresoMinVital/home.htm

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información