Actualidad y noticias

A AULA CEMIT DE CUNTIS ACOLLE ESTE MES CURSOS DE MANEXO DE GIMP E DE FOLLAS DE CÁLCULO CON “LIBREOFFICECALC”

A AULA CEMIT DE CUNTIS ACOLLE ESTE MES CURSOS DE MANEXO DE GIMP E DE FOLLAS DE CÁLCULO CON “LIBREOFFICECALC”

11-06-2020

A aula CeMIT de Cuntis acollerá este mes dous novos obradoiros formativos en formato videoconferencia sobre o manexo de diferentes ferramentas dixitais. Por un lado, o día 15 dará comezo o curso de edición de imaxes co programa GIMP que se celebrará ata o día 18 en horario de 10.30 a 12.00 horas. Hai habilitadas un total de 8 prazas para persoas maiores de 16 anos e aínda quedan algunhas dispoñibles. Os interesados en participar poden reservar na ligazón: https://cemit.xunta.gal/actividade/30494. Unha vez confirmada a praza o alumno recibirá un correo electrónico cos pasos a seguir para conectarse á videoconferencia.

Doutra banda, do 22 ao 25 de xuño, celebrarase un curso online de capacitación no manexo de follas de cálculo a través do programa LibreOffice Calc. O horario tamén será de 10.00 a 12.30 e a persoas interesadas poden reservar unha praza ata o 19 de xuño a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/31510.  Hai un total de 6 habilitadas para maiores de 16 anos e aínda queda algunha dispoñible. Unha vez confirmada a praza enviarase un correo cos pasos a seguir para conectarse á videoconferencia do curso.

Tanto Guimp coma LibreOfficeCalc son programas de software libre de grande utilidade que permiten no primeiro caso a edición de imaxe a nivel profesional e no segundo a xestión de datos mediante follas de cálculo. O seu coñecemento e manexo é  importante tanto para cuestións de uso persoal como profesional.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información