Actualidad y noticias

A AULA CEMIT ACOLLE DURANTE SETEMBRO UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE CURSOS FORMATIVOS

A AULA CEMIT ACOLLE DURANTE SETEMBRO UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE CURSOS FORMATIVOS

31-08-2020

A AULA CEMIT ACOLLE DURANTE SETEMBRO UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE CURSOS FORMATIVOS POR VIDEOCONFERENCIA PARA ADULTOS E RAPACES


As persoas interesadas en participar deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza, posto que son limitadas en todos obradoiros

A aula CeMIT do Concello de Cuntis vai acoller durante o mes de setembro unha ampla programación telemática de actividades de alfabetización dixital dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas. 

As persoas interesadas en participar nas actividades da Aula CeMIT do Concello de Cuntis, terán que contactar coa propia Aula CeMIT                        Tel: 683 147 165 / MAIL: cemit.cuntis@xunta.gal ou na súa páxina web: https://cemit.xunta.gal/gl/centro/32 

Unha vez confirmada a reserva remitiranse ao correo electrónico das persoas solicitantes as instrucións par acceder a estas teleformacións.

Os obradoiros comezarán xa a partir do vindeiro luns con actividades dirixidas a maiores e a rapaces nas que se ensinará programación e a sacar o maior proveito ás diversas ferramentas de internet. “Ferrametas na internet” terá lugar os días 31 de agosto, 1, 2 e 2 de setembro. “Micro:bit para nenos” e “deseño 3D para nenos” os días 31 de agosto, 2, 7 e 9 de setembro. Polo seu lado, “Cs First para nenos” celebrarase os días 1, 3, 8 e 10, xornadas nas que tamén se ofrecerá a actividade “Programación para nenos”.

Os obradoiros para adultos continúan do 7 ao 10 con “Compras seguras na internet”, onde se explicará o que é o comercio electrónico identificando as súas principais vantaxes, os medios de pago seguros, etc. Tamén para adultos, do 14 ao 30 celebraranse os talleres de “Ofimática na rede: Google drive” onde se ensinará como editar, abrir e crear documentos en internet. Tamén se impartirá formación sobre almacenaxe, plantillas, follas de cálculo e acceso a documentación dende calquera dispositivo. Nas mesmas datas terá lugar o “Servizo de axuda tecnolóxica” no que as persoas interesadas poderán resolver online calquera dúbida que teñan sobre o funcionamento de ferramentas tecnolóxicas como os móbiles, ordenadores, tabletas, etc.

Os obradoiros infantís volven os días 19 e 26 con “Scratch para nenos” e “Micro:bit para nenos”


Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información