Actualidad y noticias

A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DE CUNTIS ACTUARÁ NO LACÓN

A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DE CUNTIS ACTUARÁ NO LACÓN

07-02-2024

A Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis actuará un ano máis na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis O pasacalles que dará comezo á festa corre a cargo da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de CuntisUn ano máis a Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis será a encargada de dar comezo o día grande da Festa Gastronómica do Lacón con Grelos de Cuntis. A Agrupación é unha das colaboradoras asiduas ás actividades e eventos que se celebran na vila termal e por iso o concello quixo contar coa súa presenza na festa máis importante para o concello.A banda de música tradicional, que naceu en 1985 e conta con case un centenar de músicos con idades que van desde os 4 ata os 70 anos. Caracterízase pola divulgación da cultura galega a través do seu baile e a súa música, inclúen no repertorio unha importante e coidada selección de música e unha gran diversidade e riqueza de vestiario, recuperado con coidado e fidelidade das nosas tradicións.Ten dúas escolas nas que se imparten clases de baile tradicional e instrumentos populares (percusión, gaita, pandeireta...) ademais do acordeón.É unha agrupación caracterizada pola súa actividade e dinamismo, organizadora de gran cantidade de eventos. Así, desde o ano 1999 esta grupo organiza o Festival Folclórico Internacional, no que participan agrupacións de distintos puntos de Galicia, España e o estranxeiro; co fin de dar a coñecer e poñer en valor a diversidade cultural e o patrimonio tanto do noso municipio como dos distintos pobos das agrupacións participantes.Pero ademais participou en multitude e variedade de actividades, as cales se foron incrementando co paso dos anos, a medida que se foi consolidando e adquirindo fama e prestixio tanto dentro como fóra da comarca.

Esta web utiliza cookies de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Pulsa el botón "Aceptar" para autorizar su uso.

Aceptar | Rechazar | Más información